Últimas novas Voltar
SUBVENCIÓNS PARTICIPACIÓN CIDADÁ 2015
Publicado por Rosa Otero el 08-04-2015 13:31:45

A Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria de 23.03.2015, acordou aprobar a "Convocatoria e bases das subvencións para o fomento do asociacionismo e a participación cidadá, ano 2015".

A convocatoria publicouse no Boletín Oficial da Provincia núm. 64, de data 7/04/2015

O prazo de presentación de solicitudes é de 15 días hábiles, polo que, comeza o 8/04/2015 e remata o 24/04/2015

Requisitos das entidades beneficiarias: poderán solicitar e obter a condición de beneficiaria destas subvencións as entidades sen ánimo de lucro inscritas nos epígrafes 10.1 e 10.5 do rexistro municipal de asociacións (RMA), que operen no movemento veciñal e traballen no ámbito sociocomunitario, de participación cidadá e das relacións cidadás.

As bases da convocatoria e os modelos normalizados de solicitude están á disposición das interesadas no servizo de Información (planta baixa do Concello), e na páxina web municipal: www.vigo.org

Documentos
Bases da convocatoria 13:30 08-04-2015
Comentarios (0)
Se queres facer un comentario inicia sesión ou rexístrate