Logo Alcaldia de Vigo
CVC VALLADARES
CVC VALLADARES
O Centro Veciñal e Cultural de Valadares constituíuse no ano 1971. Naceu como "Teleclub", promovido por un grupo de veciños encabezados por D. Ignacio Costas, que utilizaba como sede o local da antiga "Irmandade de Labradores" que a día de hoxe se mantén como sede da entidade. Ao principio foi o “Teleclub de Valladares”, logo “Centro Cultural Artístico e Recreativo de Valladares” para, finalmente fusionarse, en 1989, coa Asociación de Veciños "Xunta Parroquial". pasando en... Ler máis
Camiño do Pedregal, 6 36314 VIGO
Mostrar mapa
Seguidores (0)
Logo Conselleria
Nos
O Centro Veciñal e Cultural de Valadares constituíuse no ano 1971. Naceu como "Teleclub", promovido por un grupo de veciños encabezados por D. Ignacio Costas, que utilizaba como sede o local da antiga "Irmandade de Labradores" que a día de hoxe se mantén como sede da entidade. Ao principio foi o “Teleclub de Valladares”, logo “Centro Cultural Artístico e Recreativo de Valladares” para, finalmente fusionarse, en 1989, coa Asociación de Veciños "Xunta Parroquial". pasando entón a chamarse polo nome actual de “Centro Veciñal e Cultural de Valadares” Que facemos O principal obxectivo desta entidade é o de desenvolver todo tipo de actividades socioculturais e de ocio que repercutan na mellora da calidade de vida da veciñanza da Parroquia de Valadares en particular e da comarca de Vigo en xeral. Á parte dos cursos, talleres e outras actividades periódicas, o Centro conta cunha serie de agrupacións e clubs nas que se poden integrar as persoas interesadas en aprender, mellorar e coñecer a novas xentes; así temos grupo de teatro, coral, grupo de gaitas, baile, percusión, cantareiras, grupos folk , unha escola de música, aeróbic, danza moderna e bailes de salón. Non só dispoñemos de agrupacións artísticas e culturais, senón que as escolas deportivas tamén son un referente na parroquia e na cidade e que van dende a escola de patinaxe artística sobre rodas ata a escola de fútbol e de fútbol sala, cos seus respectivos equipos. Valadares é unha parroquia viva que goza dunha ampla tradición e sentido da identidade por iso dende a asociación organizamos festas e eventos ao longo do ano que reúnan ás súas xentes e manteñan viva a memoria colectiva. Festas e eventos tales como o San Xoán, o Entroido, a Festa do Maior, Seráns populares, a Festa de Fin de Ano e a do Socio. Outra área fundamental é a veciñal que é a encargada de facilitar información e articular canles para a reivindicación e a mediación con todas as administracións, entidades e empresas que se atopan no ámbito de funcionamento do Centro. A base de todo o que se fai en Valadares reside na súa veciñanza. É mester a participación das xentes para que o Centro continúe coa súa incesante actividade, creza e mellore, o que sen dúbida fará que a parroquia mellore e que goces dunha maior calidade de vida e moitos máis servizos. Asociarte e participar en Valadares ten unha chea de vantaxes. Entrando na asociación terás dereito a voto e a participar na súa vida interna. Os asociados aboan un custo máis reducido nas actividades de pago. Poderás asistir de balde aos bailes de Entroido e fin de ano e a entrar no sorteo de canastriña de Nadal ademais de solicitar asesoramento gratuíto sobre procedementos administrativos, trámites burocráticos e todos aqueles asuntos para os que precises información e axuda.