Logo Alcaldia de Vigo
FOANPAS
Federacion Olivica de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos/as de Vigo e Comarca
a) Coñecer a situación do ensino público, e divulgar no seu ámbito todas aquelas medidas e actuacións que axuden ao seu desenvolvemento de conformidade co disposto no artigo 3º. b) Representar e defender ás ANPAS federadas e os seus intereses, para a defensa e mellora do sistema público de ensino. c) Colaborar coas autoridades educativas da Consellería de Educación, do Concello de Vigo e de outros concellos do seu ámbito, participando en todos os organismos e consellos, facendo sux... Ler máis
Chouzo,2 (Instituto Municipal de Educación)
Mostrar mapa
Últimas novas
Seguidores (0)
Logo Conselleria
Voltar Blog
OFERTA DE EMPREGO
Publicado por FOANPAS el 16-04-2013 17:47:46

 

Dentro do Plan de Emprego do Concello do ano 2013 aprobado polo goberno local con data de 23 de marzo de 2013 e publicado no BOP con data de 2 de abril de 2013, FOANPAS oferta tres (3) prazas de Monitor de ocio educativo para contrato dende o 1 de Maio ó 31 de Outubro cunha xornada laboral irregular cun total de 562 horas ó longo dos 6 meses.

O perfil buscado e o seguinte:

Nº de postos

3

Categoría profesional

Grupo III: Persoal de Atención educativa e sociocultural. Monitor/a de ocio educativo

Titulación

Ciclo superior de Integración Social, Técnico de Animación Sociocutural, Educación Infantil ou titulación superior relacionada ca intervención socioeducativa

Coñecementos profesionais

·         Xestión do ciclo do proxecto: inicio, desenvolvemento e avaliación

·         Coñecementos avanzados de informática

·         Experiencia previa en execución de proxectos socioeducativos

·         Experiencia en programas de voluntariado

·         Experiencia en traballos en ONG

·         Experiencia en actividades de ocio e dinamización

Tarefas a desenvolver

·         Organiza, dinamiza e avalía as actividades previstas

·         Colabora na elaboración de proxecto e memorias

·         Xestión do ciclo do proxecto: inicio, desenvolvemento e avaliación

·         Xestión do orzamento e dos recursos adscritos ó proxecto

·         Responsabilízase da comunicación directa cos participantes

Os/as interesados/as deberán estar inscritos como demandantes de emprego e censados na cidade de Vigo.

Os currículos se recollerán a través do correo electrónico anpasenrede@gmail.com ata o día 25 de Abril do 2.013.


Comentarios (0)
Se queres facer un comentario inicia sesión ou rexístrate