Logo Alcaldia de Vigo
FOANPAS
Federacion Olivica de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos/as de Vigo e Comarca
a) Coñecer a situación do ensino público, e divulgar no seu ámbito todas aquelas medidas e actuacións que axuden ao seu desenvolvemento de conformidade co disposto no artigo 3º. b) Representar e defender ás ANPAS federadas e os seus intereses, para a defensa e mellora do sistema público de ensino. c) Colaborar coas autoridades educativas da Consellería de Educación, do Concello de Vigo e de outros concellos do seu ámbito, participando en todos os organismos e consellos, facendo sux... Ler máis
Chouzo,2 (Instituto Municipal de Educación)
Mostrar mapa
Últimas novas
Seguidores (0)
Logo Conselleria
Nos
Nome
FOANPAS
Federacion Olivica de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos/as de Vigo e Comarca
Categoría
Educativas e para a formación
Asoc. de Pais/ Nais (Apas) [040200]
Enderezo
Chouzo,2 (Instituto Municipal de Educación)
Descripción
a) Coñecer a situación do ensino público, e divulgar no seu ámbito todas aquelas medidas e actuacións que axuden ao seu desenvolvemento de conformidade co disposto no artigo 3º. b) Representar e defender ás ANPAS federadas e os seus intereses, para a defensa e mellora do sistema público de ensino. c) Colaborar coas autoridades educativas da Consellería de Educación, do Concello de Vigo e de outros concellos do seu ámbito, participando en todos os organismos e consellos, facendo suxestións, propostas e informes nos que se recolla as opinións do colectivo dos pais e nais no sistema educativo, e establecendo convenios e concertos para o mellor cumprimento dos nosos obxectivos. d) Fomentar a creación de Consellos escolares municipais en todos os concellos do noso ámbito. e) Potenciar e coordinar os esforzos e inquedanzas e aspiracións de todas as ANPAS que pertencen à Federación. f) Potenciar a formación de ANPAS en todos os centros e niveis así como a integración das mesmas na Federación. g) Asociarse con outras Federación a nivel autonómico, estatal e europeo, sempre que teñan os mesmos fins e natureza; ou impulsar a creación dunha Federación de federacións a nivel provincial e autonómico que sendo da mesma natureza recolla os nosos fins e obxectivos, e que garante a nosa participación e/ou leve as nosas propostas a todos os organismos de ámbito superior ao do noso territorio de actuación. h) Promover toda clase de actividades culturais e formativas que sirvan para potenciar a formación integral dos nenos e nenas e dos seus pais e nais. i) Concibir a lingua e cultura de Galicia como o xeito de sermos e estarmos os galegos no mundo e eixo vertebrado dun ensino de calidade. j) Potenciar a participación de nais e pais nos consellos escolares e a colaboración franca coas equipas directivas dos centros, na procura do ensino público de alta calidade.