A Fundación Luís Tilve convoca dúas prazas na cidade de Vigo, en base ó programa de Fomento do Emprego de entidades sen ánimo de lucro do Concello de Vigo.
O perfil a contratar é o de Licenciados/as en Historia para traballos de investigación, estudo e recompilación documental. Os/as aspirantes deberán facer chegar ó correo fluistilve@hotmail.com, ademáis do seu currículo, copia escaneada do Certificado de empadronamento (terán que estar empadroados en Vigo con anterioridade ó 1 de xaneiro de 2018), e da demanda de emprego (é requisito que estean inscritos como demandantes de emprego no SPEG).
Para ver a información completa sobre a oferta de emprego pode consultar o documento anexo.
O Concello de Vigo colabora no financiamento dos gastos e contratación e fomento do emprego da Fundación Luís Tilve e, en xeral, da ...
Os vindeiros 23 e 24 de novembro, na Casa Galega da Cultura (Praza da Princesa, 2), celebraranse unhas xornadas de historia, nas que historiadores expertos das universidades de Santiago de Compostela e da Universidade de Vigo, tratarán e abordarán diversos temas relacionados coa historia do Movemento Obreiro en Galicia: as diverentes correntes ideolóxicas, as particularidades rexionais e provinciais, os distintos sectores laborais, etc.). As xornadas, organizadas pola Fundación Luís Tilve, coa colaboración da Deputación de Pontevedra e do Concello de Vigo, son abertas ó público, xa que o seu obxectivo principal e achegar a historia de Galicia e, particularmente, a historia dos traballadores e do mundo do traballo á cidadanía.
...
A Fundación Luís Tilve oferta 2 postos de traballo en base ó Programa de Fomento do Emprego de entidades sen ánimo de lucro 2018 do Concello de Vigo.
O perfil a contratar é o de Licenciado en Historia para traballos de investigación, cos seguintes requisitos, cuxos comprobantes documentais deberán enviarse anexos, xunto ó currículo vitae, para a selección de persoal: Estar empadroado en Vigo alomenos dende o 1 de xaneiro de 2016, estar inscrito como demandante de emprego no SPEG.
Os datos concretos da oferta poden descargarse no documento adxunto.
Ofertanse os seguintes postos:
2 Licenciados/as en Historia
Os requisitos do posto en documento adxunto.