A Fundación Luís Tilve convoca dúas prazas na cidade de Vigo, en base ó programa de Fomento do Emprego de entidades sen ánimo de lucro do Concello de Vigo.
O perfil a contratar é o de Licenciados/as en Historia para traballos de investigación, estudo e recompilación documental. Os/as aspirantes deberán facer chegar ó correo fluistilve@hotmail.com, ademáis do seu currículo, copia escaneada do Certificado de empadronamento (terán que estar empadroados en Vigo con anterioridade ó 1 de xaneiro de 2018), e da demanda de emprego (é requisito que estean inscritos como demandantes de emprego no SPEG).
Para ver a información completa sobre a oferta de emprego pode consultar o documento anexo.
O Concello de Vigo colabora no financiamento dos gastos e contratación e fomento do emprego da Fundación Luís Tilve e, en xeral, da inserción laboral, o fomento do emprego, do asociacionismo e da participación cidadá.