Xornadas de Historia: O MOVEMENTO OBREIRO EN GALICIA
Publicado por FUNDACION LUIS TILVE el 12-11-2018 16:47:15
Os vindeiros 23 e 24 de novembro, na Casa Galega da Cultura (Praza da Princesa, 2), celebraranse unhas xornadas de historia, nas que historiadores expertos das universidades de Santiago de Compostela e da Universidade de Vigo, tratarán e abordarán diversos temas relacionados coa historia do Movemento Obreiro en Galicia: as diverentes correntes ideolóxicas, as particularidades rexionais e provinciais, os distintos sectores laborais, etc.). As xornadas, organizadas pola Fundación Luís Tilve, coa colaboración da Deputación de Pontevedra e do Concello de Vigo, son abertas ó público, xa que o seu obxectivo principal e achegar a historia de Galicia e, particularmente, a historia dos traballadores e do mundo do traballo á cidadanía.
Documentos
PROGRAMA 16:49 12-11-2018
Comentarios (0)