Nome
ABAP
BULIMIA EANOREXIA
Categoría
Asistencial e da saude
Afectados por Discapacidade, Enfermidades, Necesidades Físicas Especiais [010200]
Parroquía
Enderezo
Camilo Veiga, 44 baixo
Descripción
MEMORIA 2012
1-Introducción.
2-Obxetivos.
3-Metodoloxía e RRHH.
1-INTRODUCCIÓN
A A.B.A.P. (asociación de Bulimia e Anorexia de Pontevedra), creouse en febrero de 1998 e súa xunta directiva formouse por familiares de persoas que sofren problemas de alimentación.
A asociación ten unha labor social e un programa terapéutico específico para persoas con trastornos alimentarios e a súa familia. Actualmente consta de 421 socios de tóda-la provincia de Pontevedra e en numerosas ocasións recibimos a persoas da provincia de Ourense, polo que creamos unha asociación alí coa que compartimo-la xunta directiva.
Investigación, asesoramento e o tratamento multidisciplinar, específico e especializado, con 15 anos de experiencia. E con un 80% de éxito nun tempo, nunca maior de un ano.
Temos moito que andar na atención na nosa comunidade autónoma galega, cunha única unidade de atención específica e especializada en Santiago de Compostela, con cinco camas para toda Galicia, obligando ás familias cos casos máis graves, a desplazarse á capital. Polo que o traballo dende as asociacións é fundamental co apoio das diferentes administracións, no noso caso: Xunta de Galicia, Consellería de sanidade; Concello de Vigo e Deputación de Pontevedra.
2-OBXETIVOS:
Os obxetivos veñen definidos nos estatutos, pero nosa prioridade é a loita contra a anorexia, a bulimia e outros trastornos da conducta alimentaria. Dentro dos mesmos traballamos en diferentes áreas:
1-Servizo á xuventude e a muller, non olvidemos que o 95% das afectadas son mulleres e a pesar de que na actualidade non afecta exclusivamente a adolescentes, sí a media de idade nas intervenciones corresponde ós 35 anos.
2-Realización de todo tipo de actividades como seminarios, cursos, talleres e cualquera actuación enfocada a complementa-la terapia de cara aá xuventude, á muller e á familia como parte fundamental do proceso terapéutico.
3-Xestiona-la obtención de postos de traballo para as persoas afectadas, así como o recoñecemento de unha minusvalía en caso que as autoridades sanitarias estimen convinte
4-Organizar cantas actividades permitan concienciar á sociedade, autoridades sanitarias, medios de comunicación e poboación en xeral dos graves perigos que entrañan estas patoloxías.
5-Tratar de acerca-lo público os consellos de prevención das enfermedades de bulimia, anorexia e outras. Así como difundi-los criterios para poderlas detectar e previr.
3-METODOLOXÍA E RRHH:
O tratamento é específico e especializado a través dun equipo multiprofesional, cunha evolución de quince anos tratando esta problemática: dúas psicólogas, unha educadora social e unha nutricionista.
Este pasado ano 2012 fixemos diferentes actuacións en materia terapéutica, preventiva, divulgativa e de sensibilización. Amosaremo-lo traballo novedoso, arduo e innovador que levamos a cabo, sempre ca axuda dos nosos socios/as e das institucións.
1. Implantamo-lo noso traballo nas redes sociais, twitter: @abapvigo; e facebook: @abapvigo. E mensualmente publicamos un artigo no noso blog: www.abapvigo.blogspot.com. Amosámolo derradeiro:
“PARA EL FRÍO, CALOR”
“Sabemos que Rusia, Corea del Sur y Lituania son los paises con el mayor índice de suicidio del mundo. El factor común en todos ellos es el frío.
Rusia, de clima continental, es el que tiene la temperatura más baja en nuestro planeta, 5,5ºC de media al año. Además extensas regiones de sus áridas tierras se cubren de nieve durante más de seis meses. Corea del sur, de clima continental y subtropical húmedo, lluvioso en verano de junio a septiembre, en invierno llega hasta los -20ºC y con la tasa de natalidad más baja del mundo.Y Lituania, donde nieva durante más de 6 meses al año.
Esta teoría del frío la aprendí en la Universidad de Santiago de Compostela, de mi profesor el Sr. Gutierrez, y después de la experiencia clínica de más de 15 años he llegado a diferentes conclusiones, que en parte apoyan la teoría de mi antiguo profesor. Los efectos de la luz y el calor son beneficiosos para las personas con bajo estado de ánimo, más apagadas, deprimidas y realmente cuando hace buen tiempo, luce el sol y la temperatura nos agrada nos sentimos mejor.
Las personas con un problema de alimentación mejoran al llegar el verano y a medida que se acerca el invierno "todo" empeora. Esta hipótesis es extrapolable del ámbito patológico al sano. Influye de una manera positiva el sol, el calor y la temperatura moderada en las ganas de hacer, de vivir y de sentir. Y a pesar de que estemos en invierno, podemos buscar el sol y las cosas pueden verse de diferente forma, os animo a ello!!”
2. Continuamos ca terapia individual e o grupo de pais e familiares dirixido polas psicólogas e a educadora social da asociación gracias as cuotas dos socios.
3. Puxemos en marcha un comedor terapéutico subvencionado polo Plan de emprego 2012 do Concello de Vigo dende o 1 de outubro ata o 31 de marzo. Contratamos a unha psicóloga e a unha educadora social.
4. A reeducación nutricional semanal a leva a cabo unha especialista en dietética e nutrición humán.
5. Cambiou a Xunta Directiva, non o noso presidente.
6. Acudimos a AAVV Cabral, Colexio Atlántida, Hermanos misioneros de Teis, Asociación de Parkinson de Vigo e AAVV Cristo de la Victoria, onde a nutricionista falou de alimentación subvencionado pola Concellería de Igualdade do Concello de Vigo.
7. Levamos a cabo un grupo psicoeducativo para familiares durante máis de oito meses, subvencionado pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.
8. Fixemos un curso de seis meses de habilidades sociais, autoestima e resolución de conflictos, subvencionado pola Deputación provincial de Pontevedra. Asemade, nos fixeron o deseño e os carteis e dípticos para a difusión e sensibilización dos transtornos alimentarios.
9. O mes de abril fixemos unha xornada de portas abertas no noso local que compartimos cas compañeiras de esclerose múltiple. Enlaces da noticia: http://www.farodevigo.es/gran-vigo/2012/04/11/casos-anorexia-adultas-aumentan-afectan-viguesas-50-anos/639502.html e http://www.atlantico.net/noticia/190950/anorexia/extiende/mujeres/hijos/
10. No mes de maio realizamos un obradoiro de alimentación saudable con nenos e nenas do colexio Atlántida onde se incidiu na importancia de consumir froitas e verduras a diario e os propios nenos e nenas elaboraron e degustaron brochetas feitas por eles e elas mesmos e mesmas de froita fresca. A froita foi cedida pola empresa viguesa “Frutas Nieves”.
10. En novembro a TVG fixo un amplio reportaxe no programa “reporteiros” sobre os transtornos de alimentación nos que aparece o noso presidente e parte do equipo terapéutico da ABAP, así coma a testemuña dalgunhas doentes. Deixámolo enlace http://www.crtvg.es/tvg/programas/reporteiros
11.O mes de decembro estivo cheo de diferentes actividades. Organizamos un pop-up navideño onde diferentes mulleres amosaron o seu traballo e novos proxectos como emprendedoras. Aproveitamo-la unión de todas elas para dar difusión do noso traballo. Tivémola colaboración do Colexio de Arquitectos, Via Barbarani (Kuki Palos e Merchi Oviedo), Iria Lepina, Nuria Fábregas, Eva Parra, Postres de Mamá que ensinaron os nenos e nenas a facer galletas decoradas e Verde Agua que puxo os árbores de nadal.
12.Tivemos lotería á venta, onde 1€ de cada participación de 5€ foi a beneficio da nosa asociación.
13.Estivemos nun mercadillo navideño no Island Club.
14. A tradicional Carreira do Pavo do 23 de decembro organizada pola Federación Galega de Atletismo en Vigo foi este ano a beneficio da nosa asociación.