O Concello, a través da súa Concellería de Emprego, Participación Cidadá e Voluntariado pon a nosa disposición unha nova ferramente de comunicación coas persoas interesadas en coñecer a nosa actividade por moi lonxe que se atopen fisicamente. De seguro, resultará útil.
Queremos aproveitar esta primeira nova que publicamos para darlle os parabéns aos que puxeron en marcha e animar ás demais asociacións a facer uso desta ferramente e de aquelotras que axudan a ser máis visibles aos veciños e veciñas, aos seus problemas e reivindicacións, as súas actividades, as súas festas e ao movimento veciñal tan necesario sempre, pero aínda máis en épocas de crisis como a que estamos a padecer.
A cidadanía poderá atoparnos nesta web, pero sobre todo nas rúas e prazas do barrio histórico de Vigo e do noso ámbito de actuación. E como a defensa do tradicional non resulta incompatible co aproveitamento das novas formas de comunicación, podedes seguir a nosa actividade na web do Casco Vello, nas páxinas do Facebook: Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello e Orfeón Mariñeiro do Berbés