Ofertas de emprego 2020
Publicado por A V C CASCO VELLO el 13-03-2020 20:21:43
A Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello de Vigo publica dúas ofertas de emprego suxeitas á convocatoria de subvencións para o fomento do emprego de entidades sen ánimo de lucro 2020 do Concello de Vigo, para cubrir os seguintes postos:
- 1 auxiliar administrativo a tempo completo no período comprendido entre o 22 de xuño e o 30 de setembro de 2020 en xornada de mañá e tarde.
- 1 técnico superior en administración e finanzas a tempo completo no período comprendido entre o 22 de xuño e o 30 de setembro de 2020 en xornada de mañá e tarde.
Prazo presentación curriculums: ata o 16 de xuño de 2020 na oficina da Asociación, Cánovas del Castillo, 2, baixo; ou no correo electrónico info@cascovellovigo.gal
Documentos
Bases e requerimentos 18:24 04-06-2020
Comentarios (0)