Logo Alcaldia de Vigo
A V C CASCO VELLO
AVC CASCO VELLO
Hai máis de 35 anos nace esta asociación da inquedanza d@s veciñ@s que vemos como este noso barrio está caendo nunha decadencia total (ruidos, droga, abandono, marxinalidade...) ante a deixadez dos governantes daquel tempo, deixadez que que continúa ata hoxe. Un dos obxectivos principais foi e segue sendo a revalorización social do barrio e o traballo en temas específicos como a marxinalidade de moita da veciñanza. Reivindicamos para o nosos barrio un bon alumeado, rúas libres... Ler máis
Rúa Oliva 12, baixo
Mostrar mapa
Seguidores (0)
Logo Conselleria
Voltar Blog
Noite Meiga 2013
Publicado por A V C CASCO VELLO el 18-06-2013 18:48:18

O domingo, 23 de xuño, celebraremos a Noite Meiga do Casco Vello na praza do Berbés. Pero antes de que iso ocorra temos preparadas outras actividades

 

Venres 21

Ás 20.00 horas: Relatorio sobre as herbas de San Xoán (Cánovas del Castillo)

 

Sábado 22

Ás 18.30 horas: Saída para recoller herbas. Lugar de encontro: Local da AV de Candeán

 

Domingo 23

Dende as cinco da tarde estaremos rematando de montar a fogueira.

 

  • Ás 22.00 horas: Obradoiro de danzas do mundo
  • Ás 23.30 Aquelarre co Bruxo Queimán
  • Ás 24.00 horas: Aquelarre de lume e auga

 

O lume e a auga serán os protagonistas dunha note máxica na que faremos o tránsito ao verán, ás colleitas e a luxuria.

 

Preparade a auga aromática coas herbas que recolleredes a noitiña, na que non ha de faltar herba luisa e herba do sanxoán, e deixarédelas ao resío da noite para lavar as caras e abrir os ollos e ver con claridade o resto do ano.

Comentarios (0)
Se queres facer un comentario inicia sesión ou rexístrate