Bases para a instalación de postos os días 6 e 7 de abril na
Reconquista da Vila de Vigo 2013
Descargar bases en pdf
Formulario de inscrición en pdf
1º O prazo de presentación de solicitudes comeza o xoves, 3 de xaneiro, e remata o xoves, 7 de febreiro. As solicitudes de inscrición remitiranse a AVC Casco Vello sita na rúa Oliva Nº12, 36202 VIGO, ou entregaranse na oficina, de 11:00h a 13:30h e de 17:00 a 20:00h de luns a venres.
2º Terán preferencia para a instalación de postos as asociacións veciñais e culturais, agrupacións deportivas, colectivos de interese social, artesáns (con Carta Galega de Artesán) autónomos e empresas de Vigo; sempre por esta orde.
As asociacións terán que entregar unha carta da mesma solicitando o posto e unha fotocopia do CIF da entidade.
3º Tipo de postos:
a) Artesanía: Cada posto dedicado a venda de artesanía, fará unha achega para axuda de gastos de organización de 40 € en concepto de colaboración coa festa, se a súa fronte non supera os dous metros de lonxitude, e 60 € en concepto de fianza. b) Hostalaría: Os postos dedicado a venda de hostalaría, fará unha achega para axuda de gastos da organización de 100 € de colaboración coa festa, se a súa fronte non supera os dous metros de lonxitude, e 200 € en concepto de fianza. c) As dimensións do posto serán de 2 x 2 metros. Se a lonxitude do mesmo excedese desta medida, a achega veríase incrementada a razón de 20 € por cada metro adicional ou fracción. O aumento de dimensións do posto deberá ser solicitado no momento da inscrición e autorizado pola Organización.
4º As cantidades económicas aboaranse, no momento de inscribirse no mercado, por transferencia bancaria a nome da Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello, no número de conta 2080 5045 89 3040010210 de Novagaliciabanco. A devolución da fianza efectuarase por idéntico medio, sendo necesario aportar o correspondente número de conta, no que ten que constar o titular da mesma.
5º Corresponde á Organización a designación, situación e disposición dos postos, conforme ao espazo dispoñible e ás características dos mesmos (tamaño, actividade, …).
6º Os postos:
-
Os participantes deben respectar as accións de validación e de supervisión da organización.
-
Ambientaranse na época na que transcorre a festa, 1809, e disimularán todo elemento plástico, ferro … mediante elementos tradicionais tales coma tea de saco, xesta, palla, canizo etc. Na fronte do mesmo terá que constar o nome do posto, facilitado á Organización. Quedan prohibidas as carpas industriais e os toldos plásticos.
-
Todos os carteis, prezos é rótulos estarán redactados cando menos en galego cunha tipografía acorde a época, 1809. A listaxe de prezos deberá estar á vista, e non se poderá alterar ao longo da festa.
-
A música e a animación deben ter unha temática axeitada a época. Calquera outro tipo de música e alteración do espírito da época da festa será motivo de apertura de expediente de sanción ao posto, quedando prohibida a instalación de aparellos reprodutores de música.
-
Non se permitirá publicidade (pancartas, carteis, bandeiras … ) que non teñan relación coa festa. O incumprimento suporá a perda total da fianza.
-
A organización proporcionará unha toma de corrente monofásica, única e exclusivamente para alumeado. Prohíbese a conexión de calquera aparello eléctrico á instalación da festa, así como a instalación de xeradores de corrente.
-
Ao remate da actividade do espazo ocupado polo posto debera quedar limpo. Tomando as medidas necesarias para non deixar restos, manchas de graxa, aceite ou similares, así como materiais do posto.
-
As persoas que atendan os postos irán vestidas conforme á época, 1809, traxe tradicional galego.
-
As comidas e bebidas serviranse en envases de barro, louza (xerras, cuncas …) ou madeira. Prohíbese expresamente a utilización de materiais plásticos para tal fin, incluso no que se refire a pratos, garfos, culleres, etc, así como a venda de botellas de cristal para consumo inmediato.
-
Por cuestións de hixiene, prohíbese a reutilización de vasos, cuncas, xerras … sendo estes de un so uso, ou de venda o consumidor.
-
Os postos que precisen facer lume deberán facelo constar na solicitude. E obrigatorio para tal fin o uso de carbón vexetal, as grellas deben estar correctamente illadas mediante o uso de pranchas metálicas. Non se poderá facer lume debaixo de toldos, instalacións eléctricas etc. Terán obrigatoriamente un extintor eficacia 21A-113B.
-
Prohíbese a venta de alcohol a menores de idade.
-
Ámbolos dous días terá que estar aberto, das 10:00 h ate ás 23 h. Os vehículos retiraranse antes das 9:00 horas. A hora de remate da festa será ás 23:00 horas, para o cal a organización pasara avisando do fin do mercado tanto o sábado, 6, como o domingo, 7 de abril
7º A Organización non se responsabiliza do posible deterioro, furto ou perda de material ou mercancía, polo que recomenda a súa retirada durante a noite.
8º Montaxe e desmontado: O posto poderán ser montado dende o venres, 5, a partir das 21:00h e o seu desmontado realizarase o domingo, 7, ao remate da festa. O posto.
9º O incumprimento de calquera dos puntos destas bases suporá a perda total da fianza e o abandono da Festa a requirimento da Organización. As incidencias en materia de instalación dos postos serán resoltas pola Organización de xeito motivado e inapelable. E teranse en conta para vindeiras edicións ás incidencias con cada un dos postos.
10º Ás solicitudes que non veñan acompañadas por algún dos documentos esixidos non serán admitidas a tramite.
|