Logo Alcaldia de Vigo
A.V. NAVIA
A.V EMILIO CRESPO-NAVIA
- Atención aos veciños/as nos temas/problemas/inquedanzas de todo tipo que entren no ámbito de actuación desta Asociación Veciñal. Canalización das queixas/problemas/melloras/peticións diante das Administracións Públicas, (ou doutro tipo de entidades), que entren no ámbito de actuación desta Asociación. - As que indican os Estatutos. Descrición: ... Ler máis
Rúa Bravo, 6. Tlfno/Fax: 986.241.534
Mostrar mapa
Seguidores (1)
  • A.VV. VAL DO FRAGOSO
Logo Conselleria
Voltar Blog
AGRADECEMENTO AO CONCELLO POLAS ACTUACIÓNS NA NOSA PARROQUIA
Publicado por A.V. NAVIA el 10-07-2013 10:08:08

 

RECENTES ACTUACIÓNS DO CONCELLO NA NOSA PARROQUIA (NAVIA)

 

 Queremos dende a Asociación Veciñal de Navia, Emilio Crespo, agradecer ao Concello de Vigo e en especial aos Concelleiros Srs Regades, López Font e Rivas a pronta resposta ás peticións que dende esta asociación se fixeron aos seus departamentos e esperamos que as que quedan pendentes teñan pronta execución.

 

Actuacións executadas:

 

1.      Limpeza de maleza nos bordes das rúas e cunetas.

 

2.      Bacheado das rúas máis deterioradas.

 

3.      Reparación e pintado da marquesiña do bus existente en frente da Igrexa.

 

 

4.      Pintado de paso de peóns e marcado para a circulación nas rúas Ufas, Pedra Seixa, San Paio no entorno da alameda e Bravo no entorno da Asociación.

 

 

 

 

 

5.      Iniciación das obras de reparación da fonte ornamental situada no parque que está no lateral do edificio da sede social na rúa Bravo

 

6.      Solución dun verquido de augas fecais na rúa Pedra Seixa.

 

 

 

Navia, 26 de Xuño de 2013,

 

 

A Xunta Directiva

Comentarios (0)
Se queres facer un comentario inicia sesión ou rexístrate