Logo Alcaldia de Vigo
FUNDACION LUIS TILVE
Arquivo Histórico do Movemento Obreiro
A Fundación Luís Tilve é unha institución con carácter de Fundación cultural privada, recoñecida como tal pola Consellería de Cultura e Xuventude (D.O.G. de 22 de abril de 1991) e declarada de Interese Galego por Orde do 1 de abril de 1991 da Xunta de Galicia (D.O.G. do 13 de maio de 1991). A Fundación constitúese o día 9 de outubro de 1989, para o estudio histórico dos movementos sociais, sindicais, políticos e culturais contemporáneos, así como a conservación e recuperaci... Ler máis
GARCIA BARBÓN, 67 - 1º 36201. VIGO
Mostrar mapa
Seguidores (0)
Logo Conselleria
Nos
A Fundación Luís Tilve é unha institución con carácter de Fundación cultural privada, recoñecida como tal pola Consellería de Cultura e Xuventude (D.O.G. de 22 de abril de 1991) e declarada de Interese Galego por Orde do 1 de abril de 1991 da Xunta de Galicia (D.O.G. do 13 de maio de 1991). A Fundación constitúese o día 9 de outubro de 1989, para o estudio histórico dos movementos sociais, sindicais, políticos e culturais contemporáneos, así como a conservación e recuperación da documentación histórica do movemento obreiro en Galicia. Con tal propósito, creouse o Arquivo Histórico do Movemento Obreiro en Galicia, inscrito na Rede de Arquivos de Galicia, ao que se suma unha Biblioteca Especializada no Mundo do Traballo, integrada na Rede de Bibliotecas de Galicia (D.O.G. de 16 de xullo de 2009). A Fundación ten entre os seus obxectivos, definidos nos seus propios estatutos: - Fomentar o coñecemento e a difusión da historia do movemento obreiro en Galicia. - Axudar ó estudio e comprensión da realidade socioeconómica e laboral de Galicia, así como das súas problemáticas, presentando conclusións, propostas ou solucións. - Contribuír ó estudio e á investigación da emigración e a inmigración galegas. - Contribuír á formación da clase traballadora, tanto dende o punto de vista laboral como dende unha perspectiva profesional, incluíndo a do profesorado en exercicio. - Recuperar, clasificar, conservar e xestionar a documentación relativa ó Movemento Obreiro depositada no Aquivo Histórico da Fundación. - Xestionar e catalogar o fondo bibliográfico da Biblioteca Especializada no Mundo do Traballo. - Facilitar ós estudantes e investigadores de cuestións relacionadas con este obxecto fundacional o seu labor. - Elaborar e subministrar información sobre tódolos temas de interese para os traballadores e o mundo laboral. - Promover os valores do traballo digno, as accións solidarias e a defensa do medio ambiente e dos bens comúns. - Fomentar o estudo e a investigación no ámbito das ciencias sociais, históricas e xurídicas, para o mellor cumprimento dos fins antes salientados. SEDE CENTRAL FUNDACIÓN LUÍS TILVE: Avda. Cruceiro A Coruña, 22 bajo. 15705 - Santiago de Compostela. Tlf: 981 585 490. www.fundacionluistilve.com DELEGACIÓN DE VIGO FUNDACIÓN LUÍS TILVE: García Barbón, 67, 1º. 36201 - Vigo. Tlf: 645 910 704