Logo Alcaldia de Vigo
FAIMEVI
FAIMEVI
La Fundación se crea en el año 2004 con el apoyo de la Unión Europea y del consenso de varias entidades publicas y privadas, comprometidas con el desarrollo sostenible, con la eficiencia energética y con las energías renovables Las actividades que desarrolla la fundación está estructuradas dentro de seis ejes básicos, intererrelacionados con un objetivo común: la reducción del impacto ambiental del uso de la energía. 1.- Comunicación, divulgación e información; dentro de e... Ler máis
Oporto, 1 - 1º
Mostrar mapa
Seguidores (0)
Logo Conselleria
Voltar Blog
Oferta de traballo na fundación faimevi
Publicado por FAIMEVI el 04-09-2013 14:52:38

CONVOCATORIA PLAN DE EMPREGO 2013

OFERTA DE TRABALLO NA FUNDACIÓN FAIMEVI

O Concello de Vigo a través do Plan Municipal de Emprego 2013 promove a formación en empresas con compromiso por parte destas de contratar un mínimo de persoas formentando a colaboración de forma activa na loita contra o desemprego e mellorando, entre outras facetas, a ocupabilidade das persoas desempregadas da área de influencia viguesa, así como optimizar en todo momento a súa economía, as políticas de aforro, a eficiencia enerxética e a promoción das fontes renovables de enerxía.

Dentro do Plan de Emprego 2013, ofér tanse TRES POSTOS.

REQUISITOS COMÚNS

Para os tres postos e imprescindíble o dominio do galego, estar empadroado en Vigo (con anterioridade o 22 de decembro de 2013), e ser demandante de emprego.

REQUISITOS ESPECÍFICOS

DOCENCIA EN LINGUA EXTRANXEIRA: INGLÉS

Postos ofertados: 1
Obxeto: formación en inglés do persoal da Axencia. Categoría profesional: titulado grao II
Duración do contrato: ata o 31 de outubro de 2013

Xornada laboral: tempo parcial, 15 horas semanais coa seguinte distribución: Nivel 1: martes e xoves de 8 - 9h
Nivel 2: martes, mércores e xoves: 9 - 10h
Nivel 3: martes, mércores e xoves: 10h - 11:30h.

Preparación da documentación: 3h semanais, en horario flexible, a elección do docente.

Perfil profesional mínimo: titulado/a universitario de grao medio en filoloxía ou tradución e interpretación.

______________________________________

page1image16552 page1image16712

DEPARTAMENTO DE ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS XERAIS

Postos ofertados: 1
Obxeto: redación e elaboración de documentos, publicación na web e redes sociais. Categoría profesional: técnico de oficina (grupo III), xefe de primeira
Duración do contrato: ata o 31 de outubro de 2013
Xornada laboral: tempo parcial, 25 horas semanais: de luns a venres de 9 a 14h

Perfil profesional mínimo: formación profesional de grao medio, coas seguintes competencias:

Informática: coñecementos de programación web
Community manager : xestión de contidos web e redes sociais Idiomas estranxeiros: inglés nivel medio, valorarase francés.

______________________________________

DEPARTAMENTO TÉCNICO

Postos ofertados: 1

Obxeto: monitarización de instalacións de xeración de enerxía mediante fontes renovables e de parámetros enerxéticos en edificios públicos para a plataforma Vigo Smart City.

Categoría profesional: Titulado grado II.
Duración do contrato: ata o 31 de outubro de 2013
Xornada laboral: tempo parcial, 25 horas semanais: de luns a venres de 9 a 14h

Perfil profesional mínimo: titulado/a universitario de grao medio en enxeñería, coas seguintes competencias:

Electricidade e electrónica
Comunicación e redes de datos
Enerxía e instalacións de xeración renovable Idiomas estranxeiros: inglés nivel medio.

_______________________________________

PRAZO E FORMA DE PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS

As persoas interesadas deberán entregar enviar o CV, ó correo electrónico info@faimevi.eu indicando no asunto do correo Plan de Emprego Concello de Vigo, antes do martes 10 de setembro do 2013 as 14:00h. Deberase adxuntar imaxe dixitalizada da tarxeta de demandante e do certificado de empadroamento.

Data de publicación: 4 de setembro de 2013 

Comentarios (0)
Se queres facer un comentario inicia sesión ou rexístrate