OFERTA DE TRABALLO NA FUNDACIÓN FAIMEVI
O Concello de Vigo, a través do Plan Municipal de Emprego 2014, promove a formación en empresas co compromiso por parte destas de contratar persoas fomentando a colaboración de forma activa na loita contra o desemprego e mellorando, entre outras facetas, a ocupabilidade das persoas desempregadas da área de influencia viguesa, así como optimizar en todo momento a súa economía, as políticas de aforro, a eficiencia enerxética e a promoción das fontes renovables de enerxía.
A Fundación Faimevi, dentro deste Plan de Emprego Municipal, oferta 10 postos de traballo, das seguintes categorías profesinais:!
‣ titulado de grao medio (2 postos)
‣ xefe superior (3 postos)
‣ auxiliar administrativo (5 postos)
As persoas seleccionadas colaboraran nos seguíntes proxectos da fundación Faimevi:
‣xestion e comunicación das terceiras xornadas técnicas Vigo Smart Cities,
‣estudo das necesidades de puntos de recarga para vehículos eléctricos na cidade
Principais características:
‣contratos de 30 horas semanas co seguinte horario: luns a venres de 8:30 a14:30h
‣ duración: dende o18 de agosto ata o31 de outubro de 2014.
Requisitos:
‣ imprescindible o dominio do galego
‣ empadroamento no Concello de Vigo, cunha antiguedade cando menos dende o1de xaneiro de 2014
‣ ser demandante de emprego.
Presentación de candidaturas:
‣as persoas interesadas deberán enviar o seu CV,por correo electrónico info@faimevi.eu, indicando no asunto Plan de Emprego Concello de Vigo 2014, antes do mércores 6 de agosto do 2014 as 10:00h. Deberase adxuntar imaxe dixitalizada da tarxeta de demandante e do certificado de empadroamento.
A presente oferta de emprego están vinculada á concesión de fondos dentro do Plan Local de Emprego 2014 do Concello de Vigo.