OFERTA DE TRABALLO NA FUNDACIÓN FAIMEVI
O Concello de Vigo a través do Plan Municipal de Emprego 2013 promove a formación en empresas con compromiso por parte destas de contratar un mínimo de persoas formentando a colaboración de forma activa na loita contra o desemprego e mellorando, entre outras facetas, a ocupabilidade das persona desempregadas da área de influencia viguesa, así como optimizar en todo momento a súa economía, as políticas de aforro, a eficiencia enerxética e a promoción das fontes renovables de enerxía.
Dentro do Plan de Emprego 2013, ofértanse os seguintes novos postos, na fundación Faimevi:
1 docente en lingua estranxeira: inglés.
titulación grao medio en filoloxía ou tradución e interpretación,
estadía mínima en países anglófonos de un ano.
1 técnico de oficina (grupo III), xefe de primeira, coas seguintes competencias mínimas:
Informáticas:
‣ programación web
‣ programas: iWork, iWeb, Hootsuite, ...
‣ xestión de contidos web e redes sociais
Idiomas extranxeiros: inglés nivel medio
Para os dous postos e imprescindíble o dominio do galego, estar empadroado en Vigo e ser demandante de emprego.
As persoas interesadas deberán entregar enviar o CV, ó correo electrónico info@faimevi.eu indicando no asunto do correo Plan de Emprego Concello de Vigo, antes do xoves 18 de abril do 2013 as 14:00h. Deberase adxuntar imaxen dixitalizada da tarxeta de demandante e do certificado de empadroamento.